1.- ORGANIZADORA DA CAMPAÑA

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, en diante ACEBA, con domicilio en Rúa Ramón y Cajal 9 Baixo con NIF G36822161 organiza con fins promocionais a campaña de Nadal en Baiona 2023 (en diante, “a campaña”) de ámbito local, a desenvolver a través das tendas físicas, exclusiva para clientes dos establecementos asociados de ACEBA ou adheridos puntualmente a esta campaña. Clientes participantes que teñen que ser maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.

Esta campaña está organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes (ACEBA), e ten como misión o incentivo da compra no comercio local de cara ás datas de Nadal e as inmediatamente posteriores.

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

A campaña iniciarase o día 4 de decembro de 2023, e finalizará o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA CAMPAÑA

Poderán participar nesta Campaña de Nadal, todos os establecementos de comercio polo miúdo con tenda física en Baiona, que sexan socios de ACEBA.

Por unha banda, os establecementos de comercio polo miúdo adheridos á campaña serán os encargados de entregar os RASCAS aos seus clientes, segundo as indicacións que se relatan neste mesmo punto.

Os RASCAS premiados só poderán ser trocados nos establecementos de comercio polo miúdo antes citados.

4.- CONDICIÓNS DA CAMPAÑA

Todos os establecementos que se adhiran a esta campaña procederán a entrega dun RASCA por compras iguais ou superiores a 20 € ata un máximo de 4 cupóns por compra.

Os cupóns disporán dun apartado que o cliente deberá rascar para coñecer se é ou non premiado cun premio con valor en EUROS a gastar nas seguintes compras sexa no mesmo establecemento comercial ou noutros dos participantes na campaña.

Para poder trocar o RASCA ao afortunado deberá achegar o tícket de compra causante de dito premio.

Os RASCAS premiados deberán levar grampado o ticket de compra polo que foi outorgado, e ambos deberan estar selados polo establecemento que o entrega, o no seu defecto asinado polo propietario do local.

Os vales poderán ser trocados polo cliente, dende o mesmo momento en que resultan premiados e ata o 14 de xaneiro de 2024, non sendo o premio indivisible e que polo tanto deberá ser gastado na súa totalidade nunha única compra nos establecementos adheridos á campaña e sempre a elección da persoa premiada.

  • PREMIOS

Os establecementos participantes disporán dos RASCAS que lle facilitará a organización e que serán repartidos a partes iguais e ata esgotar existencias.

Os premios incluídos nos RASCAS son un total de 5.000€ repartido do seguinte xeito:

  • 5 rascas con premios por valor de 100 €
  • 20 rascas con premios por valor de 50 €
  • 50 rascas con premios por valor de 20 €
  • 250 rascas con premios por valor de 10 €

Estes RASCAS premiados poderán ser utilizados como moeda de pago polo cliente en calquera momento da campaña, dende o seu inicio e ata o 14 de xaneiro de 2024, inclusive.

Despois desta data, os RASCAS que non foran trocados non poderán ser canxeados.

6 – MÉTODO DE PAGO AO ESTABLECEMENTO

O cliente beneficiado cun RASCA premiado poderá gastalo no establecemento que elixa nun único pago e entregará o RASCA polo importe do premio no establecemento adherido elixido que deberá levar adxunto o ticket de compra inicial grazas ao cal foi entregado.

O establecemento deberá entregar o RASCA premiado e o tícket da compra inicial nas oficinas de Aceba, a partir do 31 de xaneiro , como data límite, ata o 13 de febreiro de 2024.

O pago será inmediato mediante transferencia bancaria, no momento da entrega dos cupóns e tíckets e unha vez sexa comprobada a validez dos mesmos.

  • PRESENTACION DE SOLICITUDES

Os establecementos interesados en participar nesta Campaña deberán inscribirse como data límite o venres, 24 de novembro de 2023, entregando a folla de inscrición asinada, xunto coa copia do DNI ou CIF. Poderán facelo de xeito presencial nas oficinas de ACEBA na Rúa Ramón y Cajal, 9 baixo; 36300 Baiona. Tel: 986 35 50 29 | fax: 986 35 74 43 horario: de 9:30 a 13:30 horas (de Luns a Vernes).

Ou escaneadas e remitidas por correo electrónico a aceba@telefonica.net

8.- OBRIGAS DOS ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

  • Os establecementos interesados farán a inscrición previa nas datas sinaladas aportando a información solicitada.
  • Comprométense a cumprir os prazos establecidos, acatar estas bases de participación e darlle a maior difusión posible á campaña.
  • Colocarán en lugar visible, dende o exterior, o distintivo que o acredita como local participante para que sexa identificable pola clientela. O distintivo, cartel A4, será entregado por ACEBA.
  • Devolverán os cupóns sobrantes á organización dende o 31 de xaneiro ata o 13 de febreiro de 2024.
  • Os RASCAS non poderán ser transferidos a outros establecementos participantes. En caso de detectar esta práctica, os rascas premiados quedarían invalidados.

9.- OBRIGAS DA ORGANIZACIÓN

  • O material da campaña será entregado ao establecemento antes do inicio da mesma.
  • O reparto dos lotes de RASCAS farase en función ao numero de establecementos participantes.
  • Sempre que haxa existencias de lotes de RASCAS, os comercios poderán solicitar unha nova remesa.
  • A organización comprométese a por en marcha a campaña de difusión deste proxecto a través de diferentes medios de comunicación e redes sociais na que se realizará unha importante inversión publicitaria.
  • Resolver calquera dúbida xurdida sobre o funcionamento da campaña.

10.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS

  • Considérase comercio polo miúdo aos autónomos e Pymes cun máximo de 10 empregados.
  • Queda prohibida a participación do titular/es do establecemento participante no seu propio establecemento.
  • A organización non se responsabiliza da perda, deterioro, riscado ou dano nos cupóns premiados tendo que ser custodiados polo establecemento ata o seu troco nas oficinas de Aceba.
  • A organización resérvase o dereito a modificar, atrasar ou incluso suspender esta campaña por causa xustificada, sen que isto poida derivar en ningunha responsabilidade para os organizadores nin dereito aos establecementos participantes a percibir ou reclamar calquera tipo de indemnización.
  • A organización poderá dar de baixa da campaña a aquel establecemento que faga un mal uso da mesma.
  • O importe dos premios serán trocados dentro dos prazos estipulados.
  • O número de RASCAS repartidos a cada establecemento dependerá do número final de adheridos.
  • A organización non se responsabiliza das posibles incidencias que poidan xurdir no troco dos premios.
  • A información da campaña e o listado dos establecementos participantes estará dispoñible na web nadalenbaiona.com e nos diferentes perfís de redes sociais.
  • Considérase cupón premiado aquel no que apareza unha das cifras antes mencionadas nos premios.
  • Considérase cupón non premiado aquel no que que apareza a frase “Grazas por participar”.

11.- LIMITACIÓNS

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Campaña, perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Campaña.

O premio entregado non será transferible nin susceptible de cambios, alteracións ou compensacións a pedimento dos Participantes, non podendo ser trocado por calquera outro produto nin por diñeiro en metálico.

Os rascas non poderán ser gastados de xeito fraccionado, tendo que ser gastados de xeito íntegro nos establecementos adheridos á Campaña e nunca se poderá dar a volta en efectivo.

ACEBA resérvase o dereito, se concorre xusta causa e previa comunicación en legal forma, de efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta Campaña.

Correrán a conta e cargo do gañador calquera carga fiscal ou tributaria que a aceptación do premio puidese supoñerlle, así como calquera outro gasto derivado da Campaña que non estea expresamente asumido por ACEBA nas presentes Bases Legais.

12.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, ACEBA non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente Campaña, así como tampouco do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Campaña, e non asume responsabilidade algunha por ningún dano ou prexuízo de calquera tipo que puidesen sufrir os Participantes, gañador ou terceiros.

ACEBA non asume a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Campaña ou o goce total ou parcial do premio. No caso de que esta Campaña non puidese realizarse, ben por fraudes detectadas na mesma, erros técnicos, ou calquera outro motivo que non estea baixo o control de ACEBA e que afecte ao normal desenvolvemento da Campaña, ACEBA resérvase o dereito para cancelar, modificar, ou suspender a mesma.

13.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

A responsable do tratamento dos seus datos é Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), con domicilio en Rúa Ramón y Cajal 9 Baixo, Baiona, Pontevedra e con NIF G36822161.

ACEBA tómase moi en serio a protección da privacidade e dos datos persoais. Por tanto, a información persoal consérvase de forma segura e trátase co máximo coidado.

ACEBA só gardará os datos aportados estritamente para a celebración da Campaña, e unha vez finalizada, comprobados os datos e entregados os premios procederá ao seu arquivo só con fins de inventariado e control financeiro dos premios entregados.

De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, e concretamente no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, cada Participante, coa aceptación destas Bases Legais consente que os datos persoais facilitados para a participación neste concurso sexan incorporados a un ficheiro titularidade de ACEBA para tramitar a participación e celebración do Concurso.

Os establecementos Participantes nesta campaña garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar a ACEBA, calquera modificación dos mesmos.

ACEBA resérvase o dereito para excluír da presente Campaña a todo Participante que facilitase datos falsos. Recoméndase ter a máxima dilixencia en materia de Protección de Datos mediante a utilización de ferramentas de seguridade, non podéndose responsabilizar a ACEBA de subtraccións, modificacións ou perdas de datos ilícitas.

Os Participantes teñen dereito a (i) acceder aos seus datos persoais, así como a (ii) solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión, (iii) solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, (iv) opoñerse ao tratamento dos seus datos e (v) solicitar a súa portabilidade. Os Participantes poden exercer todos estes dereitos na seguinte dirección de email aceba@telefonica.net, indicando o motivo da súa petición.

Os Participantes poden tamén, enviar a súa petición por correo ordinario á seguinte dirección: Rúa Ramón y Cajal 9 Baixo, Baiona, Pontevedra.

Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, o Participante terá dereito a presentar unha reclamación perante unha Autoridade de Control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción, no caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é adecuado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos.

A Autoridade de Control perante a que se presentou a reclamación informará ao reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación.

Aquí pode consultar toda a información relativa á Política de Privacidade https://bit.ly/prnadba

14.- CAMBIOS

ACEBA resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Campaña.

15.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Vigo (Pontevedra).

11 de novembro de 2023