Bases Legais

Campaña "Nadal en Baiona 2025 - Rasca e Gaña"

Resumo da Campaña

Organizador:

ACEBA - Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona

Ámbito:

Local - Baiona

Período de compras:

8 decembro 2025 - 5 xaneiro 2026

Canxeo de premios:

Ata o 14 de xaneiro de 2026

Total premios:

7.750€

Participantes:

Maiores de idade

Bases Legais Completas

1. ORGANIZADORA DA CAMPAÑA

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), con domicilio en Rúa Ramón y Cajal 9 Baixo, NIF G36822161, organiza con fins promocionais a campaña de Nadal en Baiona 2025 (en adiante, "a campaña") de ámbito local, a desenvolver a través de tendas físicas, exclusiva para clientes de establecementos asociados de ACEBA ou adheridos puntualmente a esta campaña.

Os clientes participantes deben ser maiores de idade. Esta campaña ten como misión o incentivo da compra no comercio local de cara ás datas de Nadal e as inmediatamente posteriores.

2. DATAS

Inicio: 8 de decembro de 2025

Finalización: 5 de xaneiro de 2026

Canxeo de premios: Ata o 14 de xaneiro de 2026

3. PARTICIPACIÓN

Poden participar todos os establecementos de comercio retallista con tenda física en Baiona que sexan socios de ACEBA.

  • Os establecementos entregarán os RASCAS aos seus clientes
  • Os RASCAS premiados só poden ser canxeados en establecementos participantes
  • Os comercios adheridos recibirán material promocional de ACEBA

4. CONDICIÓNS DA CAMPAÑA

Entrega de RASCAS

  • 1 rasca por cada 20€ de compra
  • Máximo 4 cupóns por compra
  • Ata esgotar existencias

Requisitos para canxear

  • Presentar o RASCA premiado co tícket de compra grapado
  • Ambos deben estar selados ou asinados polo comercio
  • Debe gastarse nunha única compra
  • Non é divisible nin se pode dar cambio en efectivo
  • Se o rasca indica "Comercios ACEBA", o premio pode canxearse en CALQUERA comercio participante
  • Se o rasca indica o nome dun comercio específico, o premio SÓ pode canxearse nese comercio (é un agasallo exclusivo dese establecemento)
  • A compra onde se canxee o premio debe ser dun importe SUPERIOR ao valor do rasca

5. PREMIOS

Os premios incluídos nos RASCAS son un total de 7.750€ repartido do seguinte modo:

  • 50€8 premios (400€ total)
  • 20€40 premios (800€ total)
  • 10€655 premios (6.550€ total)

* Considérase cupón premiado aquel no que apareza unha destas cifras. Os cupóns con "Grazas por participar" non son premiados.

6. TIPOS DE PREMIOS

Premios "Comercios ACEBA"

Os rascas que indican "Comercios ACEBA" poden canxearse en CALQUERA comercio participante na campaña. Son premios xerais da asociación.

Premios con nome de comercio específico

Os rascas que indican o nome dun comercio específico SÓ poden canxearse nese establecemento. Estes son agasallos exclusivos que o comercio ofrece aos seus clientes.

7. MÉTODO DE PAGO AO ESTABLECEMENTO

O cliente pode gastar o seu RASCA premiado segundo as condicións especificadas anteriormente, nun único pago.

O establecemento debe entregar o RASCA premiado e o tícket de compra inicial nas oficinas de ACEBA entre o 31 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2026.

O pago será inmediato mediante transferencia bancaria, unha vez comprobada a validez dos cupóns.

8. LIMITACIÓNS

  • O premio non é transferible nin se pode cambiar por outros produtos ou diñeiro en efectivo
  • Os rascas non se poden gastar de forma fraccionada
  • Deben gastarse de forma íntegra nos establecementos adheridos
  • A compra onde se canxee o premio debe ser dun importe SUPERIOR ao valor do rasca
  • Nunca se poderá dar a volta en efectivo
  • Os titulares de establecementos non poden participar no seu propio comercio

9. PROTECCIÓN DE DATOS

O responsable do tratamento de datos é ACEBA (G36822161), con domicilio en Rúa Ramón y Cajal 9 Baixo, Baiona.

ACEBA gardará os datos achegados estrictamente para a celebración da campaña. Unha vez finalizada, os datos arquivaranse só con fins de inventariado e control financeiro dos premios entregados, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 e a lexislación española vixente.

10. CONTACTO

ACEBA - Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona

Rúa Ramón y Cajal, 9 baixo

36300 Baiona, Pontevedra

Tel: 986 35 50 29

Fax: 986 35 74 43

Email: aceba@telefonica.net

Horario: De 9:30 a 13:30 horas (Luns a Venres)

Rasca e Gaña

Campaña navideña do comercio local de Baiona. 7.750€ en premios para apoiar aos nosos comercios.

Contacto

ACEBA

Rúa Ramón y Cajal, 9 baixo

36300 Baiona, Pontevedra

Tel: 986 35 50 29

aceba@telefonica.net

Horario: Lun-Ven 9:30-13:30

© 2025 ACEBA - Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona

Co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Comercio